Martes. 30.11.2021
El tiempo

O Dépor recupera os seus recordos en Phottic, unha ferramenta costeira

O Dépor recupera os seus recordos en Phottic, unha ferramenta costeira
Jan Lamas, Manuel Pan e Dani Cerqueiro, con Tino Fernandez na presentación do Phottic do Deportivo Jan Lamas, Manuel Pan e Dani Cerqueiro, con Tino Fernandez na presentación do Phottic do Deportivo

Era unha das cousas que faltaba por profesionalizar dun club tan histórico como familiar. O arquivo histórico fotográfico do Real Club Deportivo estaba gardado nunha caixiña de zapatos, nunha estantería perdida das oficinas da Praza de Pontevedra. Outra cousa é o arquivo persoal do bo de Patxi Dopico, unha verdade enciclopedia branquiazul, que terá moito que aportar, como todos os deportivistas.

Por que agora, esa historia permanecerá gardado para sempre nunha ferramenta dixital de orixe costeira, gracias á apertura da páxina Recordos en branco e azul, gracias á plataforma Phottic, ese álbum virtural de recordos do que xa temos falado co gallo do noso Fútbol da Costa.

Ti podes crear a historia branquiazul

Un álbum aberto, que se convertirá nunha rede social de fotografías, e de todas as historias que hai detrás dunha foto. Para iso, todos os deportivistas podemos rexistrarnos e subir as imaxes que teñamos na nosa casa, e entre todos os deportivistas, engrandecer o patrimonio do Deportivo.
Podelo facer dende casa, rexistrándote en recordos.rcdeportivo.es, e subindo as túas fotos, pero tamén a xente que teña fotos en papel e non teña capacidade de dixitalizalas, pode acodir á Praza de Pontevedra, e alí dixitalizaranllas, e devolveranllas tamén en formato dixital.

Polo de pronto, o club xa ten subidas 500 imaxes da nosa historia (aínda faltan unhas cantas por documentar) pero o que se busca é que os propios deportivistas aporten, para que a historia do Deportivo quede de cara as xeracións posteriores.

Camiño do Museo

Este Phottic pasa por ser un Museo virtual, que en pleno século XXI recupera o patrimonio dixital, neste caso do Deportivo. E precisamente nesa liña traballa o club, coa ilusión de poder abrir en breve un Museo con centos de motivos que ten deixado o legado dun club centenario.

Phottic, made in Costa da Morte

Este proxecto de recuperación da memoria fotográfica, nace de tres empresarios costeiros: o corcubionés Jan Lamas, o carballés Manuel Pan, e o herculino-corcubionés Daniel Cerqueiro.

Agora veñen de abrir caixón para gardar a historia do Dépor.

Novas relacionadas

Artigos de Héctor Pose do libro “Mar de Paixón”

Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa

Fonte

comentarios