domingo. 11.05.2025
El tiempo

O Sherpa de Barón Rojo cantará en Corcubión

O Sherpa de Barón Rojo cantará en Corcubión

Nova proposta do Bar La Terraza de El Hórreo para este mes de maio. E con sorprendentes citas, como a chegada de José Luis Campuzano Feito, o máis coñecido como Sherpa, ex cantante de Barón Rojo. As súas melenas moveranse nun concerto acústico este sábado 14 de maio ás 22:00h no bar do Hotel corcubionés.

As citas continuarán o martes das Letras Galegas, 17 de maio, cunha Lectura de Clásicos para celebrar o Día das Letras Galegas. Confirmaremos os poñenetes nas vindeiras datas. A cita será partir das 20:00h na Terraza do Hórreo.

Ademais xa se preparan para unha nova Cea Baile para o sábado 21 de maio. Ceaa baile amenizada co Dúo D’Cine, a partir das 22:00h no Salón Ría de Corcubión. A cea custará 35€ por persoa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios