O Solar do Cine Vello de Corcubión volve ás mans dos veciños

11:10 22/01/18

Reforma integral
Dende o grupo de goberno, “entendemos que isto é moi importante para o futuro de Corcubión, xa que supón o primeiro paso para facer unha reforma integral da praza principal da vila, a praza de Castelao, que ten que convertirse nun futuro no referente principal do noso casco histórico. O obxectivo principal será humanizala con novos espazos peonís”, sinalan. A día de hoxe están “estudiando diversas opcións cos técnicos co obxectivo de encher de terra o buraco actual do solar, para que quede á altura do resto da praza e poder adecentar o solar con diverso mobiliario público para uso e disfrute de todos os veciños”.
Concurso de ideas
Para elo actualmente o Concello conta cun convenio coa Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña para que os alumnos, dirixidos polo prestixioso arquitecto Juan Creus, fagan propostas de reforma, e para elo recentemente disfrutaron dunhas xornadas académicas, con diferentes ponentes, na Capela do Pilar de Corcubión. Así que de aquí a uns meses poderemos ver algún proxecto xa presentado.Novas relacionadas
- Decembro 2015: O Solar do Cine Vello de Corcubión, declarado zona de interese público.
- Maio 2011: Saneamento aprobado e Solar do Cine vello como zona verde en Corcubión.
- Decembro 2010: O solar do Cine Vello de Corcubión non poderá acoller un edificio.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).