Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Orientador Juan de Vicente Abad compartirá a súa experiencia sobre convivencia escolar en Corcubión e Corme

  • O Casino acolle outra presentación dunha novela
Presentacion Juan en Corme
O Orientador Juan de Vicente Abad compartirá a súa experiencia sobre convivencia escolar en Corcubión e Corme

O Centro de Formación e Recursos da Coruña (CFR) organiza unha sesión moi interesante, sobre todo para a comunidade escolar. O orientador Juan de Vicente Abad pasará por Corcubión e Corme para presentar o seu libro, “Convivencia Restaurativa”.

Un libro no que recolle a súa experiencia durante anos arredor da convivencia escolar nun centro de secundaria como o seu. A charla, que se desenvolverá o venres ás 19:00h na Capela do Pilar de Corcubión, e o sábado 20 ás 11:00h no MACCMO de Corme, esta pensada para xentes vinculadas á comunidade escolar, pero está aberta a todo o mundo.

Juan xa ten pasado pola Costa da Morte, e xa ten traballo, a través da Asociación Cultural Monte Branco e o CFR no IES de Ponteceso, tanto co profesorado como co alumnado. Quedou tan boa impresión do seu traballo que o CFR quere traelo para abrir un ciclo de charlas por toda a comarca relacionadas coa convivencia escolar.

Presentación no Casino

Ademais, este sábado, día 20 de novembro, ás 19:30h, terá lugar na sede da nosa asociación a presentación do libro “Tres hermanos y una misteriosa mujer”, de David Álvarez Sánchez, escritor de Salamanca que, por primeira vez, nos trae unha novela romántica con intriga e vinganza.

Comentarios