domingo. 11.05.2025
El tiempo

Os alumnos do CEIP de Quenxe expoñen as súas obras

Os alumnos do CEIP de Quenxe expoñen as súas obras

Fermosa exposición a que se pode disfrutar no CEIP de Quenxe estes días. Os propios alumnos convírtense en artistas para expoñer os seus traballos. Pero non son uns traballos calesquera. Son uns cadros de primeira calidade, nos que non repararías cal é o orixinal da copia. Unha das culpables é Quica, a mestra de pintura que fixo un traballo de refinamento destes bravos pequechos espectacular.

A pasada tarde do mércores 18 de maio, o ANPA realizaba a inauguración da exposición e invitaba a uns pinchos a pais e artistas.

A propia Presidenta Amalia Carballo e a vicepresidenta Diana Trillo Valdomar, cóntanos que ademais, o cole conta con clases de batuka. A mestra Carola, achega o sabor dominicano a Corcubión para que as pequenas aprendan a mover as cadeiras.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios