Os Bombeiros de Cee rescatan un canciño abandonado no Faro C



Eran as 9:00h da mañá cando un canciño caía nas rochas do Faro C de Corcubión. Tratábase dun canciño abandonado que de feito xa busca fogar a través de Salvacadelos.
Era unha zona complicada, de difícil acceso duns 4 metros de altura, e tivo que ser un pescador que o viu dende o mar o que chamou ao 112, que mobilizou a Protección Civil, e tamén aos Bombeiros de Cee.
Os Bombeiros tiveron que preparalo todo para un auténtico rescate. Dous anclaxes de seguridade para que dous bombeiros, cun equipo de rescate completo, baixasen onde o canciño. Cunha bolsa de rescate puideron izalo ata a zona de seguridade, rematando así ás 10:00h a feliz intervención.
Agora só falta que algunha familia o acolla. Pode solicitar máis información en Salvacadelos, na Clínica Veterinaria Argos.

Posible fuga de gas en Cee
Tiveron choio os Bombeiros tamén pola noite. Eran as 22:00h cando un forte olor no baño de unha vivenda na Avda de Fisterra 93 de Cee, facía que chamaran ao 112. Tres Bombeiros desprazábase ao lugar e equipados con equipos de respiración autónoma e explosímetro de gases, entran na vivenda para facer medicións. Notan un lixeiro olor a gas pero o explosímetro dá un resultado negativo, despois de varias medicións nas vivendas da mesma escaleira e na vivenda afectada de novo o resultado e o mesmo. Algúns veciños indícaban que tamén notaran o olor o longo da tarde.
Despois de facer ooutra medición despois de cerrar as ventanas da vivenda por 20 minutos, seguía sen notarse o olor nin o explosímetro dába sinal de gases. Outra veciña apuntaba que hai uns dias houbo un forte olor que viña do alcantarillado e era parecido o gas.
Fonte
- Bombeiros de Cee.