Venres. 03.05.2024
El tiempo

Os comicios en Corcubión: "O pobo falou"

Os comicios en Corcubión: "O pobo falou"

"O pobo falou". Esa é a frase máis utilizada polos partidos da vila de San Marcos tralos Resultados das Eleccións 2011. Uns resultados que deixan a cousa máis ou menos igual que hai uns meses. O PSOE aumenta a vantaxe pero non chega a maioría, polo que, a falta de saber se BNG e PP pactarán, terá que gobernar en minoría.

O PP, con 110 votos máis, recolleu parte do "voto cautivo" que deixara orfo Rafael Mouzo, o que propiciou a baixada de 188 votos no BNG. Estes votos outórganlle o segundo concelleiro ao PP (que será ocupado por Luís Abelleira Ronquete), e supoñen a perda de 1 concelleiro na ala nacionalista.

Tamén baixou o PSdG, que perde 32 votos, case os mesmos que sobe Paco Rojo á fronte do PACOR. Pero o sprint final de campaña de Rojo non lle serviu para acadar un concelleiro.

Valoracións

Dende o grupo de goberno "valoramos moi positivamente os resultados, pero se cadra esparabamos a maioría absoluta", comenta o teniente alcalde Lalo Insua. E "iso que nós non traballamos a propaganda como outros", sinala. Tamén destacan o "batacazo" do BNG nos comicios, e aseguran que a renovación nas listas será positiva para o concello. María Manuela Fdez. Louro e José Antonio Louro Pais, máis coñecido como "Ote", tomarán o relevo dos Delia Lado e Juan Carlos Canovillas.

Oscar Insua, candidato do BNG, quere agardar ata a Asemblea do venres para facer unha valoración dos resultados, pero "eu podo dicir que o pobo falou e estamos onde nos colocou. Nós tomaremos posicións e seguiremos traballando". Con todo, agardaba uns resultados mellores: "Tal e como falabamos coa xente e co descontento que parecía haber, pensabamos que os resultados ían ser algo mellores. Pero parece que o decontento non o é tanto", sinala. No BNG serán Francisco Xabier Domínguez Traba, o recoñecido "Drok", e Xabier Paz Regueira, os concelleiros que acomparán a Insua. Pero tamén é posible que Drok deixe o seu posto a David Álvarez.

Pola súa banda, Gema Freire, voceira do PP local, valora os resultados como "buenísimos". Destaca que "o PP sempre tivo 2 concelleiros e ata 3, e o pobo nos está devolvendo o seu apoio". Sobre os resultados dos seus contricantes valora que "el pueblo le dio un toque al BNG, y tendrá que ver en como actúan. Y creo que también quisieron castigar al PSOE que no le dieron la mayoría". Ademais considera que "el pueblo no quiere mayorías, y el mejor es conveniente hacer un pacto, pero yo, y todo Corcubión, quiere un gobierno estable".

De pactos

Queda pois todo pendente do 11 de xuño, cando se celebren o Pleno de Constitución. Aí se saberá se finalmente queda un goberno en minoría do PSOE ou temos coalición.

E a coalición só será posible entre BNG e PP, como xa ocorría hai 4 anos, pero que 9 meses despois remataba en "divorcio". I é que o grupo de goberno sinalan que "de pactos nin falar, evidentemente. Se eles preguntan, nós dende logo escoitaremos, pero en principio, e tal como se deron estes 3 anos de goberno, con todas as trabas que nos levan poñendo, non creo que sexa posible", apunta Insua. Ademais, o feito de "estar aquí 7 anos traballando sen cobrar nada" fai complicada a situación.

Para Insua, esta actitude de "que non van negociar con ninguén nesta investidura, que é a mesma actitude que ata o de agora, demostra a súa posición". Sobre a posibilidade unir de novo PP e BNG, Insua indica que "non quero facer ningunha valoración cos pactos. Pero estamos na mesma situación que na lexislatura, daquela pasou o que pasou, e dende logo se Gema quere ser alcaldesa a coalición non se daría".

Dinos isto pois Gema Freire xa nos apunta que só negociaría para ser a alcaldesa. "Nuestra premisa es la alcaldía, después viene todo lo demás. Tendremos reuniones pero esa nuestra premisa y no creo que bajemos de aí", sinala Freire. E finaliza cun "primero tendremos que sentarnos BNG y yo, pero vaticino que va a seguir gobernando el PSOE en minoría".

Repaso Concello a Concello

Máis información sobre os Resultados

Fonte

Comentarios