Os empresarios de Corcubión pensan no Mercado Medieval
22:18 27/10/10
O vindeiro mércores 10 de novembro a Asociación Empresarial de Corcubión (Emprecor) celebrará unha nova asemblea ás 21:00h no local da entidade. Entre a orde do día que convoca o seu presidente Juan Ángel López Canosa, atopamos un punto que nos chama a atención: o Mercado Medieval.
Está o Mercado en espera. En espera de que un grupo de persoas tome o relevo do ata este ano, equipo organizador. Agora o pobo corcubionés ten que dar o paso, e as diferentes entidades socias e económicas terán que tirar do carro para poder realizar o XI Mercado Medieval, todo un impulso económico para o concello.
Outros puntos da orde do día
A entidade tamén tratará outros temas como o funcionamento das campaña "Grandes compras pequeno comercio" que se está a desenvolver da man da Federación de Empresarios de Santiago e Comarcas. Ademais, a entidade tratará a baixa da tesoureira e tratará de elixir unha nova. Fara un breve repaso ás subvencións en marcha. E de paso prepararán a Campaña de Nadal.Novas relacionadas
- A Emprecor estudia adherirse á Federación de Empresarios de Santiago e Comarcas.
- 01-12-08: Un bo paso para o consenso na Asociación Empresarial de Corcubión.
- As mil caras do X Mercado Medieval Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.gal).