Os Grupos do BNG de Corcubión e Fisterra completan as súas listas con xente da casa


Goretti Sanmartín Rei, Secretaría de Implantación e Estratexia Municipal do BNG acudiu o sábado a Corcubión para presentar as novas caras dos Grupos municipais de Corcubión e de Fisterra, após dos cambios das ultimas semanas.
En Corcubión, a anterior Responsable Local, Susana Trillo pasa a ocupar o posto de concelleira que deixou libre o anterior voceiro Oscar Insua. Pola súa parte, o compañeiro Xabier Paz farase cargo da portavocia municipal do BNG. Estes dous cambios súmanse así ao de novo Responsable Local que ocupa, dende fai un mes, o compañeiro Paulino Castiñeira.
Por outra banda, en Fisterra, e trala marcha de Modesto Fraga, Xan Carlos Sar Oliveira pasa a ocupar o seu lugar no pleno fisterrán. Dito troco leva consigo tamén que Germán Martínez Traba pase a ocupar a portavocía, namentres, Paulina Mouzo continúa ao fronte da organización coma Responsable Local.

Novas relacionadas
- Oscar Insua deixa o seu posto como concelleiro de Corcubión.
- Modesto Fraga tamén dimite como responsable local do BNG de Fisterra.
- Modesto Fraga dimite como responsable comarcal do BNG.
- A Operación Orquesta por Concellos (III): Corcubión e Muxía.
Fonte
- Nota de prensa do BNG.