Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A operación queda sen director de Orquesta

A operación queda sen director de Orquesta
O maxistrado Andrés Lago Louro o día da inspección no Concello de Cee en 2010

Non sabíamos nada da meirande trama de corrupción na Costa da Morte dende maio do ano pasado agás polas verbas "infumables" de Ramón Vigo. Pero esta semana pasada houbo novidadades xa que o xuíz da Operación Orquestra, o muradán Andrés Lago Louro, deixa o Xulgado de Corcubión, e polo tanto, deixa o caso.

Xa van 10.000 folios e 2 anos de Operación dende aquel 31 de xaneiro de 2011. 30 imputados, entre eles 3 aínda alcaldes e un ex rexedor, nunha trama sobre supostas irregularidades nas adxucación de obras a cambio do patrocinio das festas. Unha práctica que vén sendo máis que habitual en toda Galicia, como aseguraba os primeiros días o propio alcalde de Mazaricos, pero que a Xustiza, e a opinión pública, non pode aprobar.

Será este mesmo xoves cando o propio xuíz de instrución de Corcubión que investigou e instruiu o sumario, concrete quen queda imputado e ditamine a apertura do xuízo oral.

Agora, a pelota queda da man da Audiencia Provincial da Coruña, que será a que apunte cando comeza o xuízo. Un xuízo que, con probabilidade, non comezará ata o ano que vén.

Novas relacionadas

Novas da Operación Orquesta

Máis información

Fonte

Comentarios