A peña Deportivista Ave César de Corcubión estréase con Lendoiro
Cita branquiazul este sábado 10 de agosto en Corcubión. Nace a peña Deportivista Ave César de Corcubión, fundada xa en abril pero que quixo esperar o seu periplo nesta temporada. A posta de lonxe será no Bar Suiza, sede futboleira da vila e tamén da Peña. A partir das 13:00h poderán realizar unha charla con Augusto César Lendoiro, que volve ao seu lugar de nacemento, acompañado de Mauro Escudero.
A continuación realizarán un xantar de confraterización na Taberna O Ribeiro, coa inscrición xa pechada pero xa con máis de 40 persoas confirmadas.
Obxectivos
A día de hoxe xa son 43 socios na peña branquiazul corcubionesa, cuia directiva está formada por 6 persoas. Juan Carlos Cristino é o presidente, Mario Atán Díaz o vice e Aitor García Puente o secretario.
A peña trata de herdar e unir todo o sentimento branquiazul tecido ao longo das últimas décadas, protagonizado sobre todo pola Peña Archilos, que a día de hoxe non ten actividade.
Ademais, xa nacen irmandadads coa Peña da Moa do Pindo e a Peña Deportivista de Cee.
Pero ademais de facer cousas en clave deportivista, a súa intención é ser un axente activo na vila de San Marcos e colaborar para que haia máis oferta deportiva na vila, ofrecendo a súa participación en novos eventos deportivos.