Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Pepe Domínguez Buiturón presenta a súa candidatura en Corcubión

PRESENTACION CANDIDATURA PP CORCUBION
Pepe Domínguez Buiturón presenta a súa candidatura en Corcubión

Este vindeiro venres 28 de abril, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da candidatura de Pepe Domínguez Buiturón como candidato á alcaldía de Corcubión polo Partido Popular. O acto terá lugar na Casa da Cultura e contará coa presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana.

A candidatura do ex patrón maior da Confraría da vila de San Marcos supón “unha nova opción política en Corcubión, baseada na honestidade, a transparencia e a participación cidadá”.

Durante o acto de presentación, os asistentes poderán coñecer de primeira man o programa electoral da candidatura e os proxectos que se levarán a cabo no caso de ser elixido alcalde nas próximas eleccións municipais. Ademais, contará coa presenza da Consellerira do Mar, Rosa Quintan.

Comentarios