Martes. 07.07.2020
El tiempo

Piden o arranxo do esfolado paseo marítimo de Corcubión

Estado dalgunha parte do paseo marítimo de Corcubión
Estado dalgunha parte do paseo marítimo de Corcubión
Piden o arranxo do esfolado paseo marítimo de Corcubión

Non hai máis que dar un pequeno paseo entre o porto de Corcubión e a praia de Quenxe para comprobar o lamentable estado do paseo marítimo. Unha situación recurrente nos únicos anos, que parece que sempre se solventa a base de parches. A día de hoxe non só son lousas de pizarra as que faltan no medio do paseo, se non tamén caeron ás rochas numersas pedras grandes que supoñen un verdadeiro problema de seguridade.

Dende o grupo Sempre Corcubión queren “empuxar ao goberno local para que busque a forma de executar melloras no paseo marítimo e, se repoñan as losetas que faltan. Un perigo para os camiñantes despistados, pois xa se sabe que se debe mirar onde se mete o pé, e así e todo unha atención o tema non viña nada mal para evitar máis desgustos”.

Lembran que “o caso xa ven de antes do COVID19, agora ca chegada da estación estival e despois do confinamento, a xente dalle por pasear, sendo este paseo un traxecto ben bonito para disfrutar dunha ollada belísima preto do mar”.

comentarios