Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Piden máis medidas para o tecido empresarial corcubionés

Alfredo Gonzalez e David Silva de Sempre Corcubion
Alfredo González e David Silva, de Sempre Corcubion
Piden máis medidas para o tecido empresarial corcubionés

A semana pasada tivo lugar un pleno extraordinario en Corcubión no que se aprobou, por unanimidade, a supresión da ordenanza fiscal reguladora da ocupación do dominio público con terrazas.

Unha medida que é “insuficiente” para o grupo Sempre Corcubión, que lanza unha serie de propostas, enfocadas para axudar a unha asociación empresarial (Emprecor) que “pasa por uns momentos baixos”. Para o grupo “esta crise é unha oportunidade histórica para reiventarse como vila referente˝.

Sempre Corcubión propón que se faga chegar ao tecido empresarial a posibilidade de asinar “un convenio para introducir unha persoa contratada, ben sexa a xornada completa, ou si non se pode, pois partida, que desenvolva un traballo de axuda fundamental na tramitación e na de xestión de trámites burocráticos que os/as empresarias non poiden realizar por falta de tempo material”.

Piden ademais que o concello garanta unha boa boa conexión a internet para todos os establecimentos. E tamén a compra de material de hixiene.

Piden a redacción dun regulamento de terrazas, inexistente a día de hoxe, para evitar dúbidas e desigualdades.

Peonización

Pide tamén acordar cas demais forzas políticas, unha zona peonil na praza Castelao, no treito que comprende entre a rúa Clotilde Salomoni e Isabel II, anulando un tramo o paso dos vehículos e deixando o outro tramo para circulación destes; anulando os aparcadoiros en toda a praza Castelao , agás carga e descarga e os esenciais para desenrolo da activiade comercial.

RadiONeria

Propoñen reactivar a Radio Neria, como forma de apoio o tecido empresarial de Corcubión, nesta etapa de crise que se aveciña, utilizándoa como base para facer unha campaña publicitaria das emrpesas da vila.

Comentarios