O pleno de Corcubión aproba a utilización do Remanente para 9 proxectos

00:43 31/05/21
O pleno de Corcubión aprobaba, por unanimidade, este pasado venres, a proposta do grupo socialista, unha modificación de crédito de 230.000€ do remanente positivo acumulado dos últimos cursos. Unha partida que servirá para facer varios investimentos:
- 20.000€: para saneamento no Camiño do Carro-Subida ao Vilar.
- 35.000€ para complementar o investimento xa aprobado na reforma integral da Praza da Ribeira, creando un investimento total de 150.000€.
- 30.000€ para a reparación do asfalto da urbanización de Quenxe e a baixada ás Hortensias.
- 50.000€ para a rehabilitación do campo de fútbol e pavillón.
- 16-000€ para rehabilitar elementos de protección en diversas zonas do concello, especialmente en Oliveira.
- 15.000€ para adquitir terreos co obxecto de crear novos aparcamentos públicos e poder ampliar no futuro o paseo marítimo.
- 10.000€ para complementar o investimento en marcha nas diversas fosas sépticas das aldeas da Redonda.
- 10.000€ para renovar o mobiliaro urbano.
- 43.000€ para a renovación da instalación eléctrica no Vilar. Esta partida serve para complementar o investimento da subvención do IDAE para renovar todo o alumeado de Quenxe e o paseo marítimo ata Cee por unha máis eficiente.