Xoves. 27.02.2020
El tiempo

O PP de Corcubión critica a falta de política turística do alcalde e reclama máis iniciativas para o sector

O PP de Corcubión critica a falta de política turística do alcalde e reclama máis iniciativas para o sector

O grupo do Partido Popular no  Concello de Corcubión, a través da súa portavoz, Gema Freire, criticou a falta de política turística do goberno local e reclama a posta en marcha de máis proxectos e iniciativas para un sector que cualificou de “fundamental” para a economía local.

Os populares criticaron que o alcalde, Manuel Insua, se escude nunha suposta falta de apoio por parte do goberno autonómico, e lembraron que é o rexedor o que cobra de todos os veciños de Corcubión e o que debe velar polos intereses do seu municipio. “Xa está ben de escusas de mal  pagador e de culpar ao resto de administracións do que non se fai desde o goberno local”, subliñou Freire.

Nesta liña, a portavoz do Partido Popular tamén apuntou que o rexedor segue sen contestar as preguntas que a súa formación trasládalle nos plenos municipais en relación ás iniciativas para fomentar o turismo, unha postura que, segundo Freire, confirma que o executivo local “non ten proxectos para este sector e carece de ideas para desenvolver no futuro”.

Así mesmo, os populares, que, segundo afirman, se puxeron ao dispor do executivo local para “axudar cando nos pidan axuda”, lembraron que a Oficina de Turismo é un servizo público, “moi afastado de algo que se pareza a unha iniciativa para impulsar un sector estratéxico para moitas familias do municipio”.
Por outra parte, os populares aproveitaron a ocasión para ironizar sobre a ausencia de representación do  Concello de Corcubión en Fitur. “Alegrámonos de que, polo menos, renunciase a ir só para pasear. O preocupante é non aproveitar un escaparate como é esta feira para promocionar o noso concello”, concluíu.

comentarios