A presentación da novela de Guadalupe Vázquez serviu para reflexionar sobre o acoso escolar
Esta sábado a Casa da Cultura de Corcubión acollía a presentación da primeira novela xuvenil de Guadalupe Vázauez, "Alicia no Labirinto das Sombras”. Unha obra que relfexiona sobre o acoso escolar, e nada mellor que aproveitar a presentación para organizar unha charla con especialistas.
Acompañada de Edurne Baines, directora de Belagua Ediciones; de Silvia Rodríguez, terapeuta ocupacional e membro da plataforma Ruiseñores, e da psicóloga Guadalupe López Canosa, Guadalupe Vázquez ofreceu unha obra que lanza luz sobre unha das problemáticas da nosa sociedade: o acoso escolar e as súas consecuencias.
A presentación estivo tamén apoiada pola Federación de ANPAS da Costa da Morte e culminou cunha interpretación musical a cargo da Agrupación Chan das Lamas, de Quilmas-Curra, que encheu o salón con pezas populares galegas.