Domingo. 03.12.2023
El tiempo

A ceense Guadalupe Vázquez recolleu o Premio do Concurso de Relato Curto de AFAGA en Vigo

Guadalupe Vazuez recollendo o premio
Guadalupe Vázquez recollendo o premio entre Marta Fdez. Tapias e Olga Milla
A ceense Guadalupe Vázquez recolleu o Premio do Concurso de Relato Curto de AFAGA en Vigo

A escritora Guadalupe Vázquez Formoso recibiu o martes 19 de setembro na Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, o premio do Concurso de Relato Curto de AFAGA polo seu relato “Voa, Avoa” na categoría de galego. Un certame entregado por esta entidade sen ánimo de lucro que trata de mellorar a vida de persoas e familiares con alzheimer.

No acto de entrega Olga Milla, membro da xunta directiva de AFAGA, deu a benvida e presentou ás persoas gañadoras do concurso, estando Guadalupe presente e o outro vencedor, Lucas Naranjo, por videochamada.
De seguido, deu paso á intervención de Marta Fernández Tapias, vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra e Deputada de Cultura, que agradeceu o labor de AFAGA e tamén aos 160 participantes no certame, de maneira especial aos gañadores, mencionando tamén a idea dunha publicación que conteña os relatos gañadores de todas as edicións do certame. 

Olga Milla deu paso despois á lectura do relato en castelán, por parte de Lucas Naranjo, gañador do relato en castelán titulado "Cuélebre”, e á lectura do relato en galego, "Voa, avoa", por parte da autora Guadalupe Vázquez Formoso, en sala. 

Premio AGAFA Guadalupe

Novas relacionadas

Comentarios