Guadalupe Vázquez lanza "Carburos é o meu dios", a súa segunda novela ambientada en Cee

Non para Lupe. Dende que lanzou o seu primeiro libro infantil de “Saltarín” en 2022, leva unha produción literaria impresionante. Despois de tres aventuras do “Saltarín, tróuxonos o a súa primeira novela, “Conto de Quilmas”, o fermoso libro “Filla da Ruña” e aínda a pasada semana estreaba o seu libro de autoaxuda.
Neste ano de vertixe, Guadalupe Vázquez tamén tivo tempo de preparar a súa segunda novela, que vén de saír do forno da man da Editorial Medulia. “Carburos é o meu Dios” (o título é unha frase que repetía o seu avó Gerardo) é unha unha obra ambientada en Cee, no Salto Castrelo e no Monte do Pindo que “dá testemuño das obras de construción do canal de auga para a central eléctrica no río Xallas co fin de abastecer de enerxía a Carburos Metálicos”. Un libro que recolle a outra metade das súas vivenzas, como muller natural de Quilmas e residente en Cee, onde é mestra do Colexio Manuela Rial.
O libro contén interesantes e valiosas fotos antigas de Cee, de Carburos e de Castrelo da man dos fotógrafos Romero e Blanco.
Novas relacionadas
- Decembro 23: Lupe Vázquez e Lupe López presentaron o libro de autocoñecemento "Son Relampio no Monte Pindo" en Cee.
- Novembro 23: Guadalupe Vázquez Formoso estréase como escritora de libros de autoaxuda.
- Setembro 23: A ceense Guadalupe Vázquez recolleu o Premio do Concurso de Relato Curto de AFAGA en Vigo.
- Abril 23: As pequenas fillas da Ruña.
- Marzo 23: “Filla da Ruña” é o novo libro de Guadalupe Vázquez Formoso.
- Marzo 23: Guadalupe Vázquez rescata na casa a historia e a riqueza fonética de Quilmas.
- Febreiro 2023: Guadalupe Vázquez arrincou en Cee a súa xira de presentacións dos "Contos de Quilmas”.
- Dcembro 22: Guadalupe Vázquez Formoso non para de publicar e estrea a súa novela “Conto de Quilmas”.
- Novembro 22: A terceira aventura do Saltarín de Guadalupe Vázquez dase polo Monte Pindo:
- Guadalupe Vázquez Formoso fixo voar ducias de Saltaríns.
- A mestra Guadalupe Vázquez leva a pequenos e grandes ata a Fin da Terra co seu segundo conto “Saltarín”.