Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Propoñen adquirir o Hotel El Hórreo e convertilo nunha Residencia comarcal para maiores

WhatsApp Image 2021-04-04 at 15.15.43
Os edís de Sempre Corcubión diante do Hotel
Propoñen adquirir o Hotel El Hórreo e convertilo nunha Residencia comarcal para maiores

Esmorece o Hotel El Hórreo en Corcubión. Un dos hoteis máis míticos da comarca, pioneiro en talasoterapia, e con tesouros no seu interior como a obra pictórica dun mural de José Ramón Villar Chao, con risco de perderse. Un patrimonio que se perde nun mar de débedas: xa sufríu un incendio, Cruceiro de Baldomar cae polo seu propio peso… nun edificio en camiño de converterse nunha ruína (con caída de parte da cornisa) e que acumula, según manifestacións  do alcalde na celebración dun pleno da corporación municipal, unha débeda co Concello de Corcubión de arredor de 100.000 € en concepto de IBI, polo que ten un expediente aberto a través da oficina de recadación da Deputación de A Coruña.

Para aproveitalo, dende Sempre Corcubión reclaman ao Concello de Corcubión, Deputación de A Coruña e Xunta de Galicia a que adquiran o Hotel El Hórreo de Corcubión, “ben mediante un acordo cos propietarios, ben se procede a unha apropiación de bens por falta de pago de débeda co Concello. O obxectivo sería o de restauralo e darlle o uso de Residencia da Terceira Idade e Xeriátrico para Corcubión, Cee, Fisterra, e outros concellos da Costa da Morte”.

”Un centro público e comarcal”, remarcan, nunha comarca onde non contamos con esta infraestrutura e onde “o Centro de día non ten visos de abrirse”, a pesar de toda a loita social. “Vemos unha necesidade de resposta da administración a unha poboación envellecida en toda a Costa da Morte, sobre todo para as persoas maiores que viven soas, pois o actual programa de acompañamento non cubre as 24 horas e máis aínda se atopen nunha situación económica con dificultades para xuntar a contía por riba dos 1.000 euros que pode custar o servizo dunha instalación privada destas características”.

Ademais, con esta actuación daríase cumprimento ao establecido na “Lei 1/2019, de 22 de abril, de Rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas en Galicia”, xa que o Hotel El Hórreo, pode considerarse ben patrimonial pola relevancia histórica no concello. “Ainda que parezca utópico o proxecto que exponemos, o que faltaría é vontade política, sinalan.

”A nosa proposta  produce cambios  non só na saúde da xente senón tamén na economía, na demografía, na loita contra a pobreza e na migración; buscando unha inclusión social tanto nas xeracións actuais coma nas futuras”, sinalan dende o grupo que tamén entende que “a unión física dos concellos de Corcubión e Cee, favorece a creación dun núcleo que axude a expansión de toda a comarca ca oferta de servizos públicos e privados, xerando unha acción de desenvolvemento conxunto; con atractivos que sexan clave para a Costa da Morte”.

Novas relacionadas

Comentarios