Sábado. 12.10.2024
El tiempo

O PSOE bota a Rojo fóra do goberno de Corcubón

Así amosaban o pacto de goberno o pasado 15 de xuño o alcalde socialista Lalo Insua e o concelleiro de PaCOR José Ramón Rojo
Así amosaban o pacto de goberno o pasado 15 de xuño o alcalde socialista Lalo Insua e o concelleiro de PaCOR José Ramón Rojo
O PSOE bota a Rojo fóra do goberno de Corcubón

Apenas 4 meses despois de que o PSOE escollera a José Ramón Rojo para formar goberno, o alcalde de Corcubión retíralle as competencias Retirada de competencias no Concello Corcubión ao edil de PACOR.

O grupo de goberno socialista entende que “o pacto de goberno asinado para a investidura do alcalde entre PACOR e o PSdeG queda automáticamente quebrado cando José Ramón Rojo ameaza publicamente cunha posible moción de censura”. Así, e “logo das recentes desavenencias mostradas publicamente”, a agrupación local, “decidíu retirarlle as competencias que tiña delegadas en obras e servizos, pasando por tanto este concelleiro á oposición”.

Unha nova demostración de que aqueles días de negociacións previas á sesión de investidura foron unha clara ocasión perdida para que os dous partidos maioritarios conseguisen pactar e traer, por fin, unha estabilidade necesaria a Corcubión. Agora, tocará volver a eterna parálise municipal que provoca varias lexislaturas de goberno en minoría...

Novas relacionadas

Comentarios