Xoves. 21.11.2019
El tiempo

#CarruselElectoral: Corcubión evita a estabilidade e Lalo Insua volve gobernar en minoría

 

Pleno de investidura en Corcubión
Pleno de investidura en Corcubión
#CarruselElectoral: Corcubión evita a estabilidade e Lalo Insua volve gobernar en minoría

Este sábado 15 de xuño teñen lugar os pleno de constitución das novas corporacións municipais. Unha cita tranquila na metade dos nosos concellos, pero moi tensa noutros 7 concellos onde as negociacións se apuraron ata última hora como fumos comprobando no noso Pactómetro.

Finalmente en Corcubión PSOE e BNG non chegaron a un acordo que podería rematar con anos de inestabilidade, e Lalo Insua volve ser investido alcalde, en minoría, como candidato da forza máis votada (PSOE), ao obter a súa candidatura á alcaldía os seus tres votos máis do Ramón Rojo (PACor). O BNG cos votos de Sempre Corcubión, suman tamén 4 edís, mentres Gema Freire (PP) votouse tamén a si mesma.

PACOR-PSOE copia
Lalo Insua e Ramón Rojo amosando o documento de coalición entre PSOE e PACor

Todas as novas das Eleccións

Comentarios