Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Rede de Emisoras Municipais Galegas amosa o seu apoio á esquecida radiONeria

  • A emisora municipal de Corcubión sobrevive grazas ao voluntariado e a pesar da deixadez municipal
Oscar Rey e Henrique Sanfiz na radiONeria
Oscar Rey Calo, un dos coordinadores da radiONeria e Radio Roncudo, co Henrique Sanfiz, secretario da EMUGA, na radio municipal de Corcubión
A Rede de Emisoras Municipais Galegas amosa o seu apoio á esquecida radiONeria

A pesar de ter máis de 30 anos de historia, de ser unha auténtica canteira de talento inesgotable, de ter participantes de todas as idades, a realidade é que a radiONeria sobrevive gracias ao compromiso de uns poucos veciños da comarca. O esquecemento do Concello de Corcubión, malia ser unha radio municipal, é secular. Os orzamentos anunais apenas amosan unha partida de 324 euros anuais, pero é que parao grupo de goberno é complicado ata solicitar a actualizació gratuita da banda ancha da que xa disporía a emisora tan só con pedila.
Non falamos do estado dos equipos, que levan anos sen renovar de non ser porque varios dos colaboradores reciclan as súas ferramentas tecnoloxicas para que a emisora siga emitindo.

O colectivo de mozos e mozas que coidan a emisora consideran que sería fundamental para darlle vida, contar cunha persoa profesional (mesmo a media xornada), que puidese facer un programa matinal, e que puidese axudar e formar tecnicamente ao resto de colaboradores cos seus programas.

A semana pasada a emisora corcubionesa recibía a visita de Henrique Sanfiz, secretario da Rede de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA) e director de Radiofusión. Óscar Rey Calo, un dos colaboradores que coida as emisoras de Corcubión e de Corme, recibíao nos estudos da avenida da Viña, e lle explicaba asituación actual. O tamén presidente da Asociación de Medios en Galego deu conta de novos proxectos que se realizarán na rede de emisoras municipais de cara á temporada que vén, nos que tamén participará a única emisora municipal viva da Costa da Morte ademais da de Santa Comba (Radio Xallas).

Precisamente ese irmandamento coa radio libre de Corme, Radio Roncudo, permite que ambas emisoras teñan máis contidos propios, ademais dos que comparten con outras emisoras de todo o estado.

A día de hoxe as emisoras irmandadas costeiras ofrecen, nas ondas da 107.8FM para as terras de Fisterra; e no 106.1FM para as terras de Bergantiños (e tamén nos seus blogs) programas de poesía, de filosofía, de músicas variadas, de ciencia, de ecoloxía, de historia, de rapazada…

Novas relacionadas

Comentarios