Avoa, como nos metemos nunha radio por dentro?
A emisora municipal de Corcubión está moi viva, a pesar do abandono que sofre nos últimos tempos por parte da administración. Unha demostración foi o aglutinador I Festival radiONeria. E outro exemplo témolo na última visita que veñen de recibir.
"Avoa, como nos metemos nunha radio por dentro?"
Esa foi a pregunta que o pequeno Diego lle fixo á súa avoa, Isabel Tomé, cando esta lle contaba que ían "visitar a radio por dentro". Claro, o pequeno, de apenas 3 aniños, non entendía o proceso...
Pero acabou entendéndoo, tras visitar, cun grupo de alumnos dos CEIP dos Muíños as instalacións da radiONeira, a radio municipal de Corcubión.
Aló chegaron, despois de pasar por un farmacia en Dumbría, para saber que se coce nunha radio. E abofé que o descuiriron que ata grabaron un par de audios en forma de contos...
Así que non perdades a crónica completa no blog da radiONeria.
Fonte e máis información
- Blog da radiONeria: Avoa, como nos metemos nunha radio por dentro?.