venres. 24.01.2025
El tiempo

Respaldo maioritario á creación da Plataforma "Xuntos polo Centro de Día de Corcubión"

pres  Plataforma %22Xuntos polo Centro de Día de Corcubión
Respaldo maioritario á creación da Plataforma "Xuntos polo Centro de Día de Corcubión"

Presentábase este sábado 7 de decembro, con gran éxito de participación e apoio, a Plataforma "Xuntos polo Centro de Día de Corcubión”. Volve así a sociedade civil tomar o mando desta reivindicación histórica, como xa acontecera arredor de 2020, para intentar abrir esta infraestrutura social necesaria tanto para o Concello como para a comarca.

A directiva da Plataforma, paritaria como debería ser a responsabilidade dos Coidados, está formada por Mercedes Xoubanova, Luís Corral, Vicente Jesús Bernal, Luisa García e Maria Jose Abelleira, pero está aberta a novas incorporacións.

 Plataforma %22Xuntos polo Centro de Día de Corcubión
A directiva da Plataforma "Xuntos polo Centro de Día de Corcubión!

Bernal dou conta das intencións desta Plataforma “apartidista”, que trata de contar, antes de nada, co apoio de toda a cidadanía e dos grupos políticos locais para conseguir “un resquicio de luz para a apertura do Centro de Día”.

A Plataforma agradeceu a implicación do actual rexedor dende que se enteirou a creación da plataforma, e asegura que vai manter reunións coa Xunta de Galicia, a Deputación e ata 17 concellos da comarca que poidan apoar a demanda.

A veciñanza relatou as súas complicadas tesituras para coidar aos seus maiores, deixando clara necesidade do Centro, tan importante como o propio Hospital.

Histórico da loita polo Centro de Día de Corcubión

Aló por 2009 xa a rehabilitación do edificio do Asilo para convertilo nun Centro de Día era unha das principais demandas do envellecido pobo corcubionés. En 2011 a Deputación comezaba as obras de rehabilitación do edificio, que non remataban ata 2014. Dende ese mes de novembro, 10 anos despois, o edificio do Asilo segue esperando a instalación dun centro de día que podería dar cabida a unhas 22 persoas, se ben polo medio tamén houbo quen pediu a creación dunha Residencia de Maiores Pública aproveitando o abandonado edificio do Hotel El Hórreo. 


Aquí podedes ver o histórico nova a nova:  

Comentarios