Mércores. 06.07.2022
El tiempo

Trala Carreira, toca vela, tenis, fútbol e Ioga para o inverno corcubionés

Trala Carreira, toca vela, tenis, fútbol e Ioga para o inverno corcubionés
Saida da Carreira Pedestre de Corcubion 2012 - Foto- Jan lamas

Trala disputa da simpática X Carreira Pedestre das Mercedes de Corcubión, que por certo, gañaron o nicrariense Luís Clavo, e a vimiancesa Teresa Castro, o inverno xa se amosa pola fiestra. E iso que non houbo festa na vila, por segundo vez na historia.

Con todo a Concellería de Deportes do Concello de Corcubión informa de que está aberto o prazo para as actividades deportivas do Concello:

  • ESCOLA DE VELA: continúa a formación naútica dos nenos/as na primeira escola municipal de vela da comarca, para que os nenos/as tomaron contacto co mundo naútico.
  • ESCOLA DEPORTES DE RAQUETA: Iniciación nos distintos deportes como tenis, frontennis, badmintón e tenis de mesa.
  • ESCOLA DE FUTBOL BASE: A través dos adestramentos e da competición que ten lugar o fin de semana, tratamos de lograr unha educación integral do [email protected] a través do deporte, o mesmo tempo que lles ensinamos os fundamentos técnico-tácticos básicos do fútbol sala e futbol, ademáis de potenciar as capacidades físicas básicas.
  • IOGA: Agora tes a oportunidade de aprender un arte milenario. Unha refinada técnica psicofísica onde o practicante aprende a restablecer o equilibrio das suas enerxías armonizando a mente, e o corpo, a través de diversas posicions, descubrindo a raíz do movimento e da súa expresividad natural.Aprenderás técnicas de atención, concentración, imaxinación, respiración, contol de músculos e articulacions, , exercicios de relajación.

Máis información e inscrición

As preinscripcións poderan facerse nas oficinas do Concello ou no Pabellón Polideportivo e tamen chamando ó 981 745 400 / 981 746 753.

As prazas seran limitadas, por orden de inscripción.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Corcubión.

comentarios