Mércores. 23.10.2019
El tiempo

Un entroido doble en Corcubión

Un entroido doble en Corcubión
Doble entroido en Corcubión

Sorprende e máis cando ano tras ano comprobamos que o Entroido de Corcubión non crece demasiado. Pero este ano teremos un doble entroido. Por un lado o Concello centra no sábado 9 de febreiro as actuacións das comparsas, mentres que a Asociación de Empresarios deixa o seu concurso para o domingo 10, e o Concurso de Pinchos para o venres 15 e sábado 16.

Teremos pois triple sesión que esperemos sirva para animar unha das festas máis ácedas da zona.

Así, como dicimos, o Concello convoca as actuacións das comparsas e individuais para o sábado 9 a partir das 16:00h na Praza de Castelao (se chove na Casa da Cultura). A comparsa gañadora (mín. 3 compoñentes) levará 300€ de premio, 200€ a segunda e 100€ a terceira. Por individuais, os premios irán dende os [email protected] aos 25€.

Entroido da Emprecor de Corcubion 2013

Pola súa parte, a Asociación de Empresarios Emprecor convoca un entroido completo, cun concurso de coplas e disfraces para o domingo 10, a partir das 17:00 na Praza Castelao, e con chocolate e orellas. E o máis novedoso é o concurso de pinchos que convoca, pero para a fin de semana seguinte, para os 15 e 16 de febreiro. 9 establecementos da vila participarán do concurso con pinchos típicos de entroido.

Novas relacionadas

Outros Entroidos da Costa

Fonte

Comentarios