Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un sábado con David Vidal

Un sábado con David Vidal
Sabado con David Vidal

Traspasan as fronteiras do Deporte as citas deste sábado 30 de novembro. I é que pasar un día enteiro con David Vidal ten máis de social que de meramente deportivo. Un dos grandes do fútbol galego estará estes días na Costa da Morte e poderemos disfrutalo en varios sitios.

Será un sábado completo, que arrincará ás 12:00h da mañá na Taberna Mariñeira O RIbeiro, de Corcubión. Será u nacto conducido por Fran Hermida no que poderemos charlar con el e viaxar dende o Fútbol da Costa (lembren que xogou no Ponteceso) ata a Liga das Estrelas.

A primeira hora da tarde David Vidal trasladarase ao campo de Fontenla, de corto, como máis lle gusta, para dirixir un adestramento das categorías inferiores do Xallas de Santa Comba e mais do Outes. Si, o cadro xuvenil da Serra, aceptou a invitación do XSC pois xogan pola mañá, quedarán a comer en Santa Comba e poderán disfrutar os dous do adestramento de Vidal coordinado por Manolo Corredoira. Un exemplo de convivencia sana.

E xa a partir das 21:00h David Vidal será un dos invitados á gran Gala de presentación do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa. Alí tamén poderemos falar con el un ratiño sobre a súa experiencia no fútbol costeiro, dende onde pegou o salto ao fútbol profesional.

David Vidal: "Son de aldea... e o digo para presumir"

David Vidal, natural de Portosín, chegou ao fútbol como moitos xogadores costeiros, escapando da mar. O seu pai tamén era mariñeiro e a el quedáballe o fútbol ou o mar.
Tras 6 meses en Terranova, fichou, con tan só 17 anos polo Ponteceso, para disputar a coñecida Liga da Costa. Un bo día, un amigo insistiulle en ir ver a Arsenio Iglesias, adestrador naqueles tempos do Fabril. E foi el quen lle cambiou a vida. "Arsenio engañou ao Depor fichando un central de tan poucas garantías coma min", comentou David. "É verdade, pero tiña tanta ilusión que pensei que podíamos sacar algo de aquel tío", respondeu algunha vez Arsenio.

Un home que leva 20 anos adestrando na elite da Liga Española, 7 tempadas e 168 partidos na 1ª División e 13 tempadas e 236 partidos na segunda. Pasou pollo Cádiz, Logroñés, Rayo, Villareal, Hércules, Compostela, Murcia, Las Plamas, Lleida, Elche, Albacete e Xerez e a súa carreira non está nin moito menos rematada. Dirixiu a estrellas como Mágico González, Willy Cavallero ou Hugo Sánchez pero nunca perdeu o seu amor pola terra.

Cantas perlas

E aquí van unhas perlas do señor David Vidal:

"Ensaio cada semana ata o saque de centro. Se xogas cara a adiante e creas unha oportunidade de ataque, mandas unha mensaxe ao teu público e ao rival: 'Teño fame de gañar'. Empezar cara atrás é desaprovechar unha ocasión". "En Primeira, case todos os goles chegan en acción, en movemento. En Segunda, o 75% son produto de lances a balón parado. É unha categoría de obreiros, onde manda a táctica. Un só dianteiro enfróntase a dous centrais. Hai poucos cambios de xogo, poucos controis e moita ansiedade. Por iso é importante o adestramento. No meu dicionario non existe a pachanga".

"Nós temos prohibido que o lateral que recibe do porteiro pase cara atrás e procuramos que a xogada do extremo rival morra na banda recorrendo ás axudas do central ou do pivote defensivo. E non toleramos as expulsións. Bastante custa gañar con once como para intentalo con dez. Entre Segunda e Segunda B só hai un chanzo. Entre Segunda e Primeira, catro". "Os xogadores non poden perder os papeis no campo. Hai que ter un coeficiente de intelixencia para poder xogar os 97 minutos que dura un partido sen que che expulsen. Os que non sexan capaces, non me interesan". "A disciplina é fundamental".

"Denomínome profesor de fútbol porque os que adestran son os preparadores físicos, a ver si nos decatamos. Ou vostede non ve a Mourinho, que adestra con zapatillas? Nunca pon as botas. Eu si, póñoas".

"Gallego, saca a Mágico!' (o xogador Salvadoreño "Mágico González") dicíanme desde a grada. E Jorge non estaba nin no banquiño. Non o convocaba porque non se adestraba en toda a semana e presentábase o sábado para ir xogar. Que figura. Fumaba e bebía, pero eu non me metía na súa vida. Era un infeliz, un incauto, pero tamén unha boa persoa, nunca alzaba a voz. O que pasa é que de 30 días que tiña o mes adestrábase 15. De súpeto, pasábase oito días sen pasarse polos adestramentos. Cando chegaba, preguntáballe onde se meteu. Dicíame que había ter moitas cousas que facer e que non podía adestrarse". "Ao ano da súa chegada logramos o ascenso. A súa técnica era impresionante, así como a súa regate e o seu disparo. Recórdolle goles memorables ao Barcelona, ao Racing, ao Valencia, pero non se coidaba, iámolo a buscar e escondíase. Levaba dous anos sen ver aos pais e trouxémoslos desde O Salvador. Pasaron dúas semanas e díxenlle que por que non ía velos. Contestoume que non tiña tempo. Ese día case lle meto man". "Logo de non adestrarse en toda a semana, presentouse o sábado e eu xa tiña o equipo feito. Por suposto non o convoquei. Esperoume tralo adestramento. Díxome que non tiña nin idea de fútbol e para demostralo sacouse un paquete de Winston e deulle como 15 pataditas sen deixalo caer ao chan. 'Aí quédasche', díxome, e foise. ¡Que podía facer eu! Era un ídolo para a afección". "Mágico González era un xogador técnicamente extraordinario. Manexaba a pelota mellor que Maradona. Unha vez Superpaco retoulle no lanzamento dunha falta durante un adestramento. Púxolle unha barreira de sete e Mágico colocouna na escuadra. Paco díxolle que fora casualidade e que lle regalaba o seu coche si era capaz de repetilo. Mágico volveu pousar a pelota e entón meteulla polo seu pau. Atacaba ao balón moi arriba e non se lle ía nunca".

Toda a información sobre o Álbum de Cromos

Xa tendes toda a información sobre como facervos co Álbum de cromos en:

Máis novas sobre o Álbum de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios