Un San Pedro único en Corcubión

08:10 19/06/12

Xota de Corcubión
Por xuño, o vintenove, a San Pedro fun xantar, preparei unha empanada e sardiñas para asar, café ben “repenicado”, ¡Non parei de troulear! Estribillo: Si queres curar feridas que levas no corazón, vente a bailar esta xota, a xota de Corcubión. Menea ben a cadeira, e ponlle moita paixón, para ben bailar a xota, A xota de Corcubión. Din que un ollomol había mesmo no medio da ría, se te chiscaba un ollo d’amores te curaría. A min facíame falta Que mo chiscara algún día. Estribillo Revira que te revira e vólvete a revirar, os encaixes do refaixo quérote volver a ollar. Se me mostras as enaguas de ti voume namorar. Estribillo Busquei polo Río Seco busquei e non trouxen nada, as herbas de namorar pra darllas a miña amada, busquei polo Río Seco encontreinas na Granada. Estribillo- Letra de Alejandro Lamas.
Novas relacionadas
- Corcubión xa pensa no Medievo.
- San Pedro 2010: Festa de San Pedro da Redonda, segunda rolda.
- San Pedro 2008: O lixo da fin de festa.
- San Pedro 2008: O San Pedro de Corcubión celebreouse por parroquias.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).