Venres. 19.04.2024
El tiempo

Venres de teatro, Música e Letras en Corcubión

Letras Galegas corcubion
Venres de teatro, Música e Letras en Corcubión

A Universidade Popular de Corcubión segue co ciclo de actividades culturaise neste caso dentro do “maio das letras” actividade e programación que anualmente desenvolve en conmemoración do “dia das letras galegas”.

Este ano organiza en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüísticaun festival denominado “LETRAS e MÚSICA” o vindeiro venres 26 a partir das 16:30h no parque infantil de Corcubión.

Dentro das actividades a desenvolver reallizarase un mural de pintura para os mais pequenos, exposición e venda de libros, e as actuación musicais do grupos mais novos da Universidade Popular “As pararrucheiras” e “As Xaviñanas” que homenaxean as míticas cantereiras de Corcubión co mesmo nome e que entre otras pezas tocaran a última peza “Galanteo de Corcubión” coa que están a levar a distintos festivais polo país e recopilada nos anos 50 polo musicólogo americano Alan Lomax.

E para rematar contarán coa actuación de Chuches Amil, un proxecto musical adicado a toda a familia cun aceno contemporáneo e na nosa fala, un concerto cheo de música e festa.

Teatro

macedonias guerra

Comentarios