Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Os VII Encontros de Filosofía para Veraneantes consolídanse en Corcubión reflexionando sobre tecnoloxía

PROGRAMA_FILOsofia veraneantes corcubion 2022 1
Os VII Encontros de Filosofía para Veraneantes consolídanse en Corcubión reflexionando sobre tecnoloxía

Sétima edición as que se celebrará do 9 ap 13 de agosto en Corcubión, dos Encontros de Filosofía para Veraneantes da AC Universidade Cromática das Virtudes. Unha cifra que serve para consolidar un pequeno referente estival para o pensamento na Costa da Morte. que chega gracias ao compromiso dos María Bella e Miguel Vázquez Freire.

”Propostos como un espazo de reflexión para todas, estes encontros distínguense por promover un formato de raíz filosófica -que é a que os caracteriza- posta en diálogo con outros campos de coñecemento distintos ao propio da filosofía, explica Bella. “Estamos contribuíndo co coidado e posta en práctica dun pensamento crítico que consideramos necesario para promover unha sociedade corresponsable coa construción de mundos”, apunta.

Despois de tratar temas tan evidentemente presentes como as formas de afectación da pandemia da COVID ou abrirnos á noción da paisaxe, este ano decican as xornadas a preguntarse polo “parodoxo ao que nos leva a tecnoloxía como mediadora necesaria do habitar do humano no mundo”. Así, baixo a pregunta “Ilusionismos tecnolóxicos?” rondarán as conversas dos ponentes, e do público.

Este ano contarán coa presencia de Saleta de Salvador Agra, Delmiro Rocha, Manuel Cebral e Jorge Álvarez Yágüez para abrir as interrogantes desde a perspectiva filosófica, á que se sumarán propostas artelladas desde os ámbitos de estudo da comunicación dixital e audiovisual con María Yáñez, a bioloxía e a neurociencia con Carmela García e Germán Sierra, ou desde a creación con Xoán-Xil López e Maria do Cebreiro e mesmo desde o activismo medioambiental e as ciencias sociais con Joám Evans Pim.

Programa

  • 9 de agosto, 20h: “A tecnoloxía a xuízo. Filosofía para unha crítica da sociedade contemporánea” por Delmiro Rocha (Profesor de Filosofía na USC) e “Impugnamos a voráxine ou facemos un Tiktok? “por María Yáñez (Xornalista e produtora en cultura dixital audiovisual).
  • 10 de agosto, 20h: “Resistir ou Resistirse: Retos filosóficos asociados á Intelixencia Artificial” por Manuel Cebral (Profesor en Humanidades dixitais no Tecnológico de Monterey) e “Ficciones de la razón eléctrica" por Germán Sierra (Escritor e Profesor de Bioquímica e bioloxía molecular na USC).
  • 11 de agosto, 20h: “Xeografías sociais do extractivismo a través do Observatorio Ibérico da Minaría” por Joám Evans Pim (Coordinador do Observatorio Ibérico da Minaría) e “A escoita múltiple nos limiares da paisaxe sonora” por Xoán-Xil López (Artista sonoro e investigador).
  • 12 de agosto, 20h: “A risa de Siri e Alexa: os robots e o sentido do humor” por Saleta de Salvador Agra (Profesora de Filosofía UCM) e “En contra do virtuosismo maternal” por María do Cebreiro (Poeta e profesora de Teoría da literatura e Literatura comparada na USC).
  • 13 de agosto, 20h: “Entender e actuar. Implicacións filosóficas da crise civilizatoria do Antropoceno” por Jorge Álvarez Yágüez (Catedrático de Filosofía en Educación Secundaria) e “Estamos no Antropoceno!! por Carmela García (Bióloga e docente).

NOVAS RELACIONADAS

Máis novas

Comentarios