Luns. 09.12.2019
El tiempo

Volve Radio Roncudo e a radiONeria estrea programas

Volve Radio Roncudo e a radiONeria estrea programas
radiONeria e Radio Roncudo, as radios comunitarias da Costa da Morte

Boas novas para as emisoras de radio da Costa da Morte. Radio Roncudo despois de varios meses, volve emitir no 106.1 da FM. Sen dúbida unh gran nova para Corme e para toda a comarca de Bergantiños. E tamén para a comarca de Fisterra, pois a emisora libre comparte emisión coa radio municipal de Corcubión, a radiONeria, que ademais de celebrar a volta ás ondas da radio curmá, lóubase por recibir novos programas e colaboradores.

Ambas emisoras, que ademais tamén se poden escoitar pola rede (a a cormelá a través de corme.net e a corcubionesa a través do seu blog teñen as portas abertas á participación e vos poñedes poñer en contacto con elas se tendes gañas de colaborar (non fai falta experiencia de ningún tipo, só moitas gañas) en [email protected] ou [email protected]

Volve Radio Roncudo e os seus programas

Xa están en marcha a nova programación da radio comunitaria e social. E con ela volven os seus programas como "O Ronsel" (os xoves de 16:00h a 18:00h e repetido os sábados ás 22:00h e no que colaboramos dende QPC); "A Escrita", con Paco Souto (os martes ás 23:00h e os sábados ás 14:00h), "La hora del Comején" (os sábados ás 0:00h); ou "Intente dedicar su disco" (os martes ás 23:00h e os domingos de 22:00 a 24:00h)

Novas Auroras no Camiño da radiONeira

E a emisora municipal de Corcubión, con serios problemas técnicos, continúa aumentando a familia. Marta é unha das novas fichaxes, que dende o Albergue Auroras del Camino, en San Martiño de Ozón. E chega para abrir un programa de entrevistas dende outro punto de vista.

Esta profesional xornalista en Antena3 e TVG, quere recuperar o seu espazo radiofónico dende a costa da Costa da Morte. En principio comezará a soar os domingos, a parit do vindeiro 21 de outubro, ás 12:00h, completando os mediodías informativos da fin de semana nas radios comunitarias da Costa da Morte.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios