Venres. 03.05.2024
El tiempo

As Xaviñanas de Corcubión traen un premio Xiradela para Corcubión

Pandereteiras Xavinanas de Corcubion
As Xaviñanas de Corcubión traen un premio Xiradela para Corcubión

Un total de 351 persoas integradas en 51 grupos procecedentes de 26 agrupacións tomaron parte no XXIV Concurso de Música Tradicional de Xiradela, celebrado esta pasada fin de semana no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. Entre elas atopánase as bravas Xaviñanas, o grupo xuvenil da Universidade popular de Corcubión, que se alzou co 3° premio da categoría de 13 a 17 anos.

Xa é o segundo destes premios que levan as corcubionesas, pois en 2017 xa levaron o da categoría anterior.

o XXIV Concurso de Música Tradicional de Xiradela 2
Familia de gañadoras do XXIV Concurso de Música Tradicional de Xiradela 

Premios por categorías

Houbo catro categorías determinadas pola media de idade do grupo:

CATEGORÍA A: ata aos 9 anos. 

  • 1°premio: "Paroleiras" da Asociación Cultural Donaire
  • 2°premio: Grupo "E" da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
  • 3° premio: "Rianxeiras" da Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda.
  • Premio vestiario: "Roleiras" da Asociación Cultural Agrocovo

 

CATEGORÍA B: dos 9 aos 13 anos.

  • 1° premio "Macacos de Lourenzá" da A. C. Osorio Gutiérrez
  • 2° premio " Libeliñas" da A.C. Xacarandaina 
  • 3° premio " Caramuxos" da Asociación folclorica O Fiadeiro
  • Premio o mellor vestiario categoría B " Titiriteiros" da A.F. Tarambainas

 

CATEGORÍA C: dos 13 aos 17 anos. 

  • 1° premio "retranqueiriños da A.C. retranqueiros.
  • 2° premio "Tres pés pa'un banco" da A. M. Mediarea
  • 3° premio  "As Xaviñanas" da Universidade popular de Corcubión
  • Premio o mellor vestiario "Pingas de Son" da A.C Xacarandaina

 

CATEGORÍA D: dos 17 anos en diante. 

  • 1° premio "Argalleiros " da A.C. Xacarandaina
  • 2° premio " grupo A " da A C. Retranqueiros
  • 3° premio "Latriqueiras" da A.C. F O Fiadeiro
  • Mellor vestiario " Ferriñas Bravas"

 

Máis novas

Comentarios