5 Concellos costeiros aspiran aos premios de Vilas en Flor
A Laracha, Carballo, Coristanco, Ponteceso, e Vimianzo (este como novidade), son os 5 concellos da COsta da Morte que optan este 2024 aos recoñecementos Vilas en Flor 2024.
Están entre os 42 municipios galegos que aspiran a recibir as Flores de Honra. E de feito, o equipo de expertos voluntarios xa está a recorrer Galicia para valorar o traballo realizado nos pasados meses polos gobernos municipais para mellorar a xestión dos seus espazos verdes tendo en conta os aspectos contemplados nas bases. Estos son o coidado do patrimonio vexetal e paisaxístico; o respecto polo medio ambiente e a sostibilidade; e uso social e as sinerxias coa actividade turística.
A entrega dos galardóns Vilas en Flor 2024 terá lugar en Salvaterra de Miño (Pontevedra), ás 12:00h na Casa do Concello.
O movemento Vilas en Flor está impulsado en Galicia pola Fundación Juana de Vega xunto con Asvinor (Asociación de Viveristas del Noroeste) e Agaexar (Asociación Galega de Empresas de Xardinería).