Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Deputación financia o 80% da obras de reparación da piscina de Santa Comba

A Deputación financia o 80% da obras de reparación da piscina de Santa Comba
piscina-santa-comba As obras de mantemento e reparación ascenden a 69.400€ O vindeiro venres, 15 de setembro, aprobarase na sesión plenaria da Deputación o proxecto das obras de mantemento e reparación da piscina climatizadas de Santa Comba que contan cun orzamento total de 69.400 euros, dos cales o 80% será aportado pola Deputación. No vaso da piscina, os traballos incluirán a rehabilitación do revestimento interior que está en contacto coa auga, mediante a instalación dunha lámina sintética de PVC-P, armada con malla de poliéster e recuberta cun verniz protector. Así mesmo, en todo o perímetro da piscina instalarase unha membrana antideslizante, co obxectivo de mellorar a seguridade e evitar posibles accidentes. Complementariamente, tamén se instalarán novos ancoraxes para as corcheiras, boquillas de aspiración e impulsión e de sumidoiros. En canto ao circuíto de auga quente, o proxecto contempla a instalación de tres acumuladores de auga quente de 1.000 litros de capacidade cada un e un intercambiador de placas de 150kW de potencia. Asemade, tamén se renovarán tubaxes, bombas, equipos e sondas para adecuar a instalación. Novas relacionadas Fonte

Comentarios