Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A parcelaria de San Félix de Freixeiro dá o seu primeiro paso

A parcelaria de San Félix de Freixeiro dá o seu primeiro paso
Vecinos da parcelaria de Freixeiro

Onte tiveron os veciños da parroquia de San Félix de Freixeiro a visita da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez. Desprazáronse ao edificio de servizos múltiples para escoitar, por primeira vez en moito tempo, a palabra parcelaria, unha desas necesidades do rural que tan vagariño vai avanzando.

O caso é que a actual da concentración parcelaria da zona quedou caducada trala entrada en vigor da Lei de Mellora da Estrutura Agraria de Galicia (Metaga). O proceso estaba en fase de acordo no ano 1983 pero que caducou ao non haber interese dos veciños neste proceso de reestruturación.

Por iso toca reactivar este proceso para beneficiar aos máis de 700 veciños que afecta. A conselleira trasladoulle aos veciños a importancia da reestruturación do territorio para, entre outras cuestións, aumentar a base territorial das explotacións e mellorar a mobilidade entre núcleos de poboación.

Esta zona afectaría a unha superficie de 1.691 hectáreas pertencentes a 706 propietarios. Coa reorganización da superficie, pasaríase de 12.190 parcelas a 1.947 novos predios. Este proceso sumaríase ás 11 concentracións parcelarias xa finalizadas no concello de Santa Comba, o cal ten máis do 50% da súa superficie concentrado.

Charla sobre parcelaria en Santa Comba

Fonte

  • Xunta.

Comentarios