Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O alumnado CPI Xosé Pichel convírtese en Xornalista Activista

Rebolondas-a radio do IES Parga Pondal de Carballo
Imaxe do grupo radiofónico Rebolondas na radio do IES Parga Pondal de Carballo
O alumnado CPI Xosé Pichel convírtese en Xornalista Activista

Arrinca a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social Agareso o proxecto Activistas polo Mundo que Queremos. Un proxecto de canteira que nace para xerar conciencia crítica na xuventude coruñesa, que ten no CPI Xosé Pichel a súa primeira pasada.

Co obxectivo de xerar activismos xuvenís nos eidos do feminismo, o medio ambiente, o antirracismo e a loita LGTBI, a caravana de xornalístas comprometidas aterra no centro coristanqués hoxe martes 15 e mañá mércores 16. A primeira aprendizaxe será ao concepto de “activismo”, cun itinerario composto por sete obradoiros denominados “paradas”, que se desenvolverán ao longo de todo o curso escolar.

En decembro o centro seguirá participando sen sesións de análise do medios de comunicación de masas e das redes sociais; en xaneiro focalizarán nas diversas desigualdades nas que o activismo ten campo; en febreiro e marzo realizará guións radiofónicos e en abril abrirá o abano a outras partes do mundo.

Estas sete paradas son froito da colaboración das catro entidades implicadas neste proxecto: As ONGDs Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e a cooperativa Feitoría Verde, co financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

Comentarios