sábado. 09.05.2026
El tiempo

Os obxectos dunha casa reitoral de Bergantiños en 1822

Imaxe da igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco
Imaxe da igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco
Os obxectos dunha casa reitoral de Bergantiños en 1822

Dende hai unhas décadas consolidouse unha corrente historiográfica orientada a captar o pulso da vida cotiá das clases populares, cunha atención especial ás súas prácticas, costumes e formas de sociabilidade. Neste contexto, cobrou un notable interese a análise das fontes como a documentación testamentaria, os inventarios de bens e, en xeral, os rexistros de carácter parroquial, entre outros. Un inventario interesante atópase entre os protocolos de Clemente Facal Figueroa, que recolleu en 1822 os obxectos existentes na casa reitoral de Castro, en Coristanco, logo da morte do párroco don Antonio de Lago e Oreiro. Esta vivenda fora ergueita por don Antonio Rodríguez Villanueva en 1679, como reza un antigo lintel nunha das entrada do adro. A documentación de Facal Figueroa encóntrase no Arquivo Notarial da Coruña, protocolo 4055, folios 13 recto a 17 recto.

Don Antonio de Lago e Oreiro ocupou a parroquia de Castro e Coristanco dende 1817 ata a súa morte, acontecida en 1822. Veu a estes beneficios despois de ser cura de Cances; a esta parroquia fora promovido don Manuel Casais, natural de San Martiño de Olveira, de trinta anos de idade. En 1823 tomou posesión das freguesías de Santa Baia e San Paio don Manuel José Osinde, onde permaneceu tamén ata os derradeiros días da súa vida, no ano 1874. Osinde era natural de Goiáns; fora ordenado en 1809 e con 36 anos de idade tivo como destino parroquial en Bergantiños a parroquia de Ardaña, na que se posesionou o 1 de outubro de 1816. Vexamos, pois, uns extractos do inventario de Lago e Oreiro, para ver o que había nos cuartos da reitoral:

«En la cocina, un pote de metal con testo y aro de fierro… una caldera de cobre con cinta de ídem y aro de fierro remendada… tres calderas de cobre… una artesa de amasar pan, madera de castaño vieja… una arquita de guardar sal… un armario de curar carne… dos sartenes de fierro… dos cucharas… seis cucharas e igual número de tenedores… una chocolatera… doce escudillas… y otros tantos platos de barro… una pala de horno… un machado viejo… una hoz del monte… un fouciño de los tojos y dos de cortar hierba… en la casa del horno se hallaron una artesa de madera de álamo… una tina… una albarda… dos pilas de piedra de dar de comer a los cerdos… otra de pisar tojos… veinte libras de tocino… tres y media de unto… en la panera o tulla se hallaron veinte ferrados de trigo… un banco para salar carne… dos baúles de madera… una alacena… una mesa… dos bancos de respaldo… diez taburetes… dos sillas… un bufete de castaño… una cama torneada… otras dos camas… un dormitorio… una alacena con cuarenta y tres platos de peltre, cinco tazas, y cuatro tarteras… cuatro botellas de vidrio… cinco jícaras en uno dos vasos de vidrio… un baulito… una escopeta… una pistola… un paraguas… un cuadro con las imágenes de Jesucristo y Nuestra Señora de los Dolores… dos candeleros… una palangana… un reloj de campana de media caja y esta de madera de caoba y aquel su máquina de bronce hechura inglesa… tres colchas de estopa… una sobrecama de serana… cuatro jergones… tres colchones… seis fundas… nueve sábanas… seis almohadas… ropas… seis camisas… seis calzoncillos… dos pares de calcetas… dos pares de medias… dos levitas de paño… una chaqueta de paño… un calzón… dos chalecos… un capote… un par de botas… un par de zapatos… un estante para libros: [libros] Curia eclesiástica, Autoría de la vida maravillosa, Ordenanzas de Madrid, Concilio, Práctica del Catecismo Romano, Visita de enfermos y Ejercicio santo, Elementos de aritmética, Martínez, Nebrija, Doctrinas, Curtio, Ovidio, Catecismo histórico, Epístolas selectas, Curcio, Sermones para todas las dominicas, Comentarios de Ovidio Nasón, Historia del Nuevo y Viejo Testamento, Directorio moral, Prontuario de la Teología moral, Sermones para los misterios más clásicos, Breviario…».

Outros artigos de Luís Bermúdez sobre patrimonio eclesiástico

 

Comentarios