Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Avanzan as obras do Centro Interxeracional no esquecido edificio da Rocheira

Obras no Centro Interxeracional en Coristanco
Visita institucional ás obras no Centro Interxeracional en Coristanco
Avanzan as obras do Centro Interxeracional no esquecido edificio da Rocheira

Se onte dabamos conta da posta en marcha do proxecto do Museo da Pataca, hoxe o concello de Coristanco informa sobre o avance das obras do Centro Interxeracional.

Un proxecto que conta coa axuda da Xunta, de 120.000€ (entre 2020 e 2021), que servirá para acondicionar un edificio esquecido situado na zona da Rocheira, ao carón da área recreativa fluvial, da piscina e do campo de fútbol. O Concello, que xestionará o edificio (de 447m2), ofrecerá recursos e actividades para maiores e tamén para mozas e mozos.

Van xa 20 anos de esquecemento dende a súa construción os que sofre este edificio, dando conta da falta de criterio da administración local para aproveitar os seus recursos durante tanto tempo.

O edifico da Rocheira leva anos esquecido copia
O edifico da Rocheira leva anos esquecido 

Novas relacionadas

Comentarios