Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Museo da Pataca de Coristanco vai collendo forma

Juan Garcia Pose alcalde de Coristanco en Agader
Juan Garcia Pose, alcalde de Coristanco, en Agader
O Museo da Pataca de Coristanco vai collendo forma
Bótase de menos a Festa da Pacata por Coristanco. Pero o Concello non está parado, e segue movendo un dos soños da vila, o “Museo da pataca”. Xa hai unhas semanas o alcalde coristanqués propuña na Xunta a elaboración un Plan Estratéxico da Pataca de Coristanco, aínda abeiro da IXP Pataca de Galicia, malia que a súa idea era crear unha “marca de garantía propia” para as patacas tamén de Carballo, A Laracha, Malpica e Ponteceso.

Unha das iniciativas da posta en valor do noso famoso tubérculo será o Museo. E para iso xa conta co apoio da Xunta, que confirmou a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural unha achega de 37.000 euros.

Un museo dende punto de vista etnográfico, agrario e social e de identificación territorial. A través deste museo búscase poñer en contexto histórico a pataca de Coristanco e achegar este cultivo ao conxunto da poboación e aos seus visitantes, a través de exposicións permanentes baseadas en imaxes, vídeos animados e mostras dos diferentes apeiros de labranza empregados, co fin de amosar a evolución do sistema agrario de Coristanco e da súa bisbarra.

Artigos relacionados

Comentarios