Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os coches clásicos invaden Coristanco

Classic Car Coristanco
Os coches clásicos invaden Coristanco

Este sábado 16 de abril chega a Coristanco a Classic Car. Vehículos con máis de 25 anos concentraranse a partir das 11:00h e darán un bo paseo polo termo municipal. Serán arredor dos 70 coches e unhas 150 personas os que participen nesta concentración que terá como punto de encontro a zona do Parque Municipal do Concello de Coristanco, detrás do tanatorio Santa Marta e Pizzería il Molino.

Escoltados por Protección Civil farán unha procesión motorizada por San Roque, Agualada, Castro, Valenza, Cereo, Verdes, Oca, zona Carrefour, Capelán ata volver, arredor das 13:30h, ao recinto escolar do CPI Alcalde Xosé Pichel, para deixar os coches aparcados e expostos para que o diferente público asistente poida disfrutar deles ata as 18:00h, mentres os condutores comen no polideportivo escolar.

Novas relacionadas

Comentarios