Luns. 29.04.2024
El tiempo

O completo programa de formación aberta do EFA Fonteboa

Folleto_Actividades_2024_EFA FONTEBOA copia
O completo programa de formación aberta do EFA Fonteboa

Ademais dos cursos de FP que organiza o Centro de Formación Profesional EFA Fonteboa, o centro coristanqués tamén ten un completísimo Programa de Formación Continua aberto á cidadanía.

Este trimestre a oferta vai da apicultura, pasando pola motoserra, a innovación, o sector gandeiro, a arboricultura… Poden informarse no Tlf: 981733051 ou en [email protected].

Por exemplo o novo módulo PIFA; o Plan Integral de Formación en Apicultura, arrinca o 17 de xaneiro, e podes informarte no 981 733 051 ou a través de Carlos de Castro (606488886), coordinador do Cicapis.

Estes meses tamén hai dous cursos sobre motoserras:

  • Do luns 22 ao xoves 25 de xaneiro. Son 30 horas de formación, en horario de 9,00 a 17,00 h. A temática será sobre "Tala de árbores pequenas", e terán lugar no lugar de Regoelle (Dumbría).
  • ECC1: Do luns 4 ao xoves 7 de marzo: Son 20 horas de formación en horario de 14,00 a 19,00 h; dito nivel trata sobre o mantenemento da motosera e técnicas de tronzado básico.

Os mércores 17 e 24 de xaneiro, en horario de 9,30 a 17,30 h, teremos as “Xornadas de emprendemento e innovación en empresas de economía social no sector agroalimentario”. Organizadas pola Fundación Juana de Vega e no marco das axudas da Rede Eusumo.

Durante os días 23 e 24 de xaneiro desenvolverase o curso de reproducción bovina.

Así mesmo as Xornadas de arboricultura están programadas para a semana do 29 de xaneiro ao 3 de febreiro. Trataranse tanto cuestións teóricas como prácticas: poda de altura en plantas leñosas, fundamentos da poda e dos enxertos en frutais.

Sector gandeiro

Dentro do marco de colaboración coa Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña, ao longo do mes de febreiro terán lugar tres xornadas de formación sobre “Retos das ganderías de leite no horizonte 2030:

  • Mércores 7 de febreiro: Adaptación dos produtores ás normativas vixentes.
  • Mércores 21 de febreiro: Contexto do sector lácteo, mercados e relevo xeracional.
  • Mércores 28 de febreiro: Estratexias das industrias para valorizar o leite O horario de cada xornada será de 11,30 a 17,00 h. Editarase un programa detallado das xornadas e o procedemento de inscrición.

Comentarios