Coristanco acolle a exposición «Nós tamén fomos emigrantes»
A exposición Nós somos emigrantes, de ABANCA e Afundación, chega a Coristanco tras percorrer medio país. O acto de apertura tivo lugar a pasada mañá de xoves no Edificio de Servicios Múltiples de Coristanco,
«Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX» poderase visitar ata o vindeiro 27 de xuño, de luns a venres en horario de 8.00 a 15.00 h agás os xoves, que estará aberta ao público de 16.00 a 19.00 h.
A exposición consiste nunha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é o de tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. É a historia de «millóns de españois que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir», en palabras de Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE entre 1996 e 2004.