Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Coristanco, de epicentro técnico da pataca ao do leite

Seminario da Pataca Coristanco 2023 2
Unha das charlas do Seminario da Pataca
Coristanco, de epicentro técnico da pataca ao do leite

Días de vertixe formativa e técnica no Concello de Coristanco. Estes 16 e 17, o edificio de Servizos Múltiples encheuse para acoller o “Seminario para a mellora das técnicas de producción de pataca”. Organizado polo Concello, a Xunta, e o EFA Fonteboa, coa colaboración da Fundación Juana de Vega, Coristanco foi o punto de encontro para produtores de todo o país.

E sen tempo a analizar, o EFA Fonteboa convoca xa o Foro Empresarial Lácteo. Os días 27 de xaneiro, 3 e 10 de febreiro, o pioneiro centro de formación agraria acollerá estas xornadas para reflexionar en común sobre o crecemento sustentable do sector agrogandeiro como sector estratéxico a nivel económico en todo país, así como axudar a concretar os plans de mellora profesional e empresarial.

As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición, para o que se debe remitir un correo [email protected].

Foro Empresarial Lacteo 2023 EFA Fonteboa Coristanco

Seminario da Pataca

Seminario da Pataca Coristanco 2023

As xornadas da Pataca serviron para que empresari@s do sector e alumn@s do propio centro tomasen boa nota das novidades dun sector fundamental para a comarca de Bergantiños. A posta en valor da indicación xeográfica protexida (IXP) Pataca de Galicia, que no 2021 comercializou máis de 6.000 toneladas e obtivo un valor económico de máis de 3 millóns de euros, foi unha das cousas que se lembraron durante estas xornadas que serviron para intercambiar coñecementos entre Galicia e a Bretaña francesa.

As xornadas analizaron a implementación de técnicas de cultivo que optimicen os rendementos e a conservación dos solos e instaurar canles de cooperación entre os produtores que contribúan á mellora dos sistemas de produción, almacenamento e comercialización.
Tamén se falou do plan de fertilización da pataca, o tratamento e coidados das plantacións ou o uso dos fitosanitarios.

Tendes algunhas das ponencias no Facebook do Concello de Coristanco:

Comentarios