Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Coristanco fai entrega dos premios do VII Certame Artístico-Literario Asunción Antelo

Invitación Actos Asunción Antelo 2022 copia
Coristanco fai entrega dos premios do VII Certame Artístico-Literario Asunción Antelo

O seu museo segue pechado. Pero a memoria de Asunción Antelo é infinita. Cómpre manter vivio o inmenso legado da polifacética artista coristanquesa, finada en 2016, de aí a importancia de que seguir mantendo vivo o VII Certame Artístico-Literario Asunción Antelo.

Son o Concello de Coristanco en colaboración dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos CPI Alcalde Xosé Pichel, CEIP Canosa-Rus, CEIP Bormoio-Agualada e Cra A Tarandeira, os que promoven esta iniciativa para que ningún coristanqués quede sen coñecer á Rexoubeira de Bergantiños e a rapaza se deixe de preguntar aquelo de “Pero como fixo tantas cousas?”.

Un certame que trata de “conmemorar a herdanza desta autora rupturista, nada antes de tempo, como ela mesma dicía, con gran sensibilidade e emoción poética, que escribía con liberdade, poemas nos que describía cos detalles máis minúsculos, pedaciños da súa vida”, explican dende a Biblioteca coristanquesa.

Este venres 20 de maio, terá lugar a entrega dos premios, nas modalidades de Cómic, Narrativa, Poesía, Monográfico e Debuxo. A cita será ás 12:00h, no Salón de Actos Edificio de Servizos Múltiples.

Novas relacionadas

Comentarios