Martes. 16.04.2024
El tiempo

Coristanco prepara a súa II Andaina Solidaria polo Día do Cancro

Andaina Solidaria Coristanco AECC
Coristanco prepara a súa II Andaina Solidaria polo Día do Cancro

Con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama, que terá lugar o vindeiro 19 de outubro, o Concello de Coristanco en colaboración coa AECC tínguese de rosa para concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade.

A cita tera lugar o vindeiro domingo 17 de outubro, cun percorrido de 8,5 quilómetros que dará comezo ás 9,30h con saída dende a Praza do Concello. Para participar será necesaria a previa inscrición antes do venres 15 de outubro ás 14 horas, polas seguintes canles (651 66 49 08 ou na Biblioteca Municipal).

Lembran que en España se diagnostican arredor de 33,000 novos cancros de mama ao ano. É o tipo de tumor máis frecuente en mulleres, 1 de cada 8 mulleres terá cancro de mama ao longo da súa vida e a prevención é básica para aumentar as posibilidades de superar a enfermidade.

Comentarios