Venres. 26.04.2024
El tiempo

CxG Santa Comba presenta as súas ideas en sociedade

CxG Santa Comba presenta as súas ideas en sociedade
cxg santa comba

Con David Barbeira á cabeza e co obxectivo de calmar a crispación municipal, este venres 6 de outubro nace un novo partido político en Santa Comba. A Casa do Pozo, do Museo Terra do Xallas, acolle a partir das 21:00h a presentación da agrupación de Compromiso por Galicia Santa Comba.

Acompañando a Barbeira, hai detrás “un grupo de veciños e veciñas con moita ilusión e gañas de traballar polo noso concello”. Moitos deles son rapaces novos con gañas de conseguir un cambio en Santa Comba, como nos recoñecía o propio Barbeira hai unhas semanas.

Na presentación falarán, ademais de Barbeira, Rafa Cuíña, mítico alcalde de Lalín, o Secretario Xeral de CxG Piñeiro Docampo, así como o voceiro da Baña César Ramos e a responsable de presa a xalleira Esperanza Velo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios