Lamentan a falta dun Punto Limpo en Coristanco

DO PSdeG-PSOE de Coristanco critica a “falta de orde e limpeza” no Edificio de Servizos Múltiples do municipio por parte do Goberno local do PP, calificándoo de “mal exemplo de cara á veciñanza”.
“Ao carón do Edificio de Servzios Múltiples atópase unha zona chea de suciedade, que fai evidente a total desidia por parte do alcalde e o concelleiro de Obras e Servicios neste ámbito”, explica o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda.
Para o socialista “resulta incompresible a situación na que se atopa o entorno do edificio cando se acaba de recibir a visita do Conselleiro de Cultura para inaugurar a Biblioteca Municipal a escasos metros”, salienta Pérez Abelenda, que lembra
ademais que “na zona atópase o tamén o centro médico e a farmacia”.
“A situación non é nova, xa que se leva bastante tempo co peche perimetral deteriorado, con restos de residuos polo chan e plásticos voando pola zona cando vai vento, polo que xa non sabemos se é o novo punto limpo do Concello ou é un vertedoiro controlado polo alcalde”, di o portavoz socialista.
O Partido Socialista xa denunciou a falta dun Punto Limpo no Concello que permita que a veciñanza e traballadores municipais teñan un espazo para o tratamento axeitado de residuos, e preguntou polo asunto en varias sesión plenarias.
O voceiro socialista sinala que “o actual alcalde leva anos dando voltas
respecto da instalación do punto limpo e privando da posta en marcha do
servizo á veciñanza, primeiro