martes. 18.03.2025
El tiempo

A EFA Fonteboa e o Concello de Coristanco buscar voluntarios para loitar contra a soidade non desexada

Cartel-Lazos-que-fortalecen-724x1024
A EFA Fonteboa e o Concello de Coristanco buscar voluntarios para loitar contra a soidade non desexada

Este venres ve a luz un programa artellado dende Concello de Coristanco e Centro de Promoción Rural Efa Fonteboa, para loitar contra a soidade non desexada. A falta de interacción social, as limitacións físicas ou psicolóxicas e a desconexión da comunidade é un problema crecente entre a poboación adulta maior, e poden levar a consecuencias negativas na saúde emocional e física dos maiores.

Neste marco nace o proxecto “Lazos que Fortalecen”, que ofrecer apoio directo, creando conexións afectivas que melloren a súa calidade de vida.
A idea é crear unha rede de voluntarios capacitados que poidan realizar visitas regulares e facilitarán actividades que fomenten a participación social e o benestar.

Un proxecto co obxectivo principal de ofrecer compañía, apoio emocional e actividades recreativas para reducir a soidade e fomentar o benestar social e psicolóxico dos adultos maiores a través dun programa de voluntariado.

Comentarios