Venres. 26.04.2024
El tiempo

Este Nadal, Santa Comba elixe o comercio local

Este Nadal, Santa Comba elixe o comercio local
Escaparate de Nadal de SAnta Comba Un Escaparate de Nadal de Santa Comba

“No Nadal elixe o comercio local”. Ese é o lema da nova campaña que veñen de sacar a Asociación Empresarios de Santa Comba e para promocionar o consumo local de cara a esta época de compras. Unha campaña que ten ademais un gran sorteo como reclamo.

A Asociación facilita boletos/rifas ás empresas asociadas que queiran participar na Campaña para que os repartan entre os seus clientes, coa inteción de promocionar e incentivar as compras no comercio local. Os clientes posuidores de tales boletos entrarán nun sorteo dun GRAN ESCAPARATE valorado en 3.000 €uros, formado por produtos e servizos cedidos por empresas asociadas. Hai repartidas 60.000 rifas entre as diferentes empresas participantes e o sorteo terá lugar o vindeiro 8 de xaneiro de 2018.

Concilia

Ademais, a Asociaciñon pensa en todos eses traballadores que teñen que conciliar a vida laboral e a persoal, e durante as vacacións artella, en colaboración cunha empresa local, organiza OBRADOIROS DE NADAL PARA NENOS, os días 22 e 29 de decembro e o 4 de xaneiro de 2018.

Concurso de Escaparates

Ademais, Concello e Asociación organizan un Concurso de Escaparates entre os comercios, que se desenvolve de xeito conxunto dende hai xa 9 anos, no que se repartirán case 1.000 euros en premios, establecidos en 3 categorías. Os comerciantes teñen ata as 14:00h do 22 de decembro para participar, e poder repetir o galardón que o ano pasado consegurion “Fotos Teca”, “A Landra Tenda Degustación” e “Lois Renting”.

Fonte

Comentarios